Entre o 17 e o 22 de novembro a vila de Ribadavia serviu como anfitriona para acoller un intercambio xuvenil internacional con mozos e mozas procedentes de cinco países europeos entre os que se atopan, xunto con España, Portugal, Estonia, Grecia e Romanía. O programa “International Youth Exchange” trátase dunha iniciativa financiada polo programa Erasmus+.
O obxectivo do proxecto é aumentar a participación dos xoves participantes nos procesos democráticos, buscando desenvolver habilidades como a lideranza, a toma de decisións e o pensamento crítico. Ademais, foméntase a creatividade, o diálogo intercultural e a cooperación en grupo. Tamén se proporciona información sobre a estrutura da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a democracia e a igualdade de xénero.