Aínda que nun primeiro momento o hábito máis común era que as cápsulas fosen elaboradas con chumbo, un metal dunha enorme maleabilidade, a partir da década dos anos noventa decidiuse substituílo debido a normativas medioambientais e sanitarias xa que deixaba residuos nos rebordos da botella e podía alterar o sabor do líquido. Na actualidade, os principais materiais empregados son os seguintes:
◾️ ESTAÑO: Reservado para viños de alta gama debido ao seu alto custe. Son demandados pola elevada maleabilidade, elegancia e facilidade na apertura. Acostuman a ter unha pureza dun 99,95%, estando autenticadas co selo "Pure Tin" as de estaño puro.
◾️ LACRADO DE CERA: A causa da fraxilidade do material, a cal é un dos principais inconvenientes, emprégase para producións limitadas resultando en deseños sofisticados.
◾️ ALUMINIO: Maioritariamente destinado para viños de gama media-alta. O aluminio trátase dun material reciclábel e moi resistente á corrosión, pero coa desvantaxe de ocasionar cortes se non se manipula con coidado.
◾️ ALIAXE PLOMO-ESTAÑO: Cápsulas compostas dunha lámina de plomo recuberta por capas de estaño e que, debido a lexislacións medioambientais, nalgúns países permanecen prohibidas.
◾️ PVC (Cloruro de polivinilo): Un dos materiais máis económicos do mercado e, por conseguinte, dos de menor calidade. Non obstante, conta coa vantaxe de ser eficiente, moi adaptable e idóneo se buscamos sinxelos deseños para as nosas cápsulas. Algúns países prohibíronas ao ser perigosas para o medio ambiente ou por dificultades para a reciclaxe.
◾️ MATERIAL COMPLEXO: Composto por pezas elaboradas con aluminio e placas de polietileno e utilizados para viños de calidade media.