Tres rutas pola provincia de Ourense dan a coñecer escenarios onde se rodaron aclamadas películas e series. Entre eles, Ribadavia e o Museo do Viño.

14 de September do 2024
"Ourense de Cine".

Moitos directores e directoras fixeron das paisaxes naturais e dos entornos urbanos de Galicia un escenario para rodar grandes películas e recoñecidas series. Unha das actividades máis destacadas do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) é "Ourense de cine", na que o público poderá apreciar a través de varias rutas a diversidade e a beleza que fan da provincia un dos lugares de referencia para o cinema, a través de rutas organizadas para os días 30 de setembro, 2 e 4 de outubro.

𝐑𝐮𝐭𝐚 𝟑. 𝐕𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟒 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨: 𝐎𝐮𝐫𝐞𝐧𝐬𝐞 – 𝐒𝐚𝐧 𝐂𝐥𝐨𝐝𝐢𝐨 – 𝐑𝐢𝐛𝐚𝐝𝐚𝐯𝐢𝐚 – 𝐌𝐞𝐥𝐨́𝐧.

A ruta comeza en Ourense para ir ata o mosteiro de San Clodio e a ponte medieval. A continuación, a visita trasladarase a Santo André de Camporredondo, onde poderá visitarse o Museo do Viño de Galicia, lugar escollido para a grabación da curtametraxe de Fillas de Ribeiro e Viñedos. Pouco despois farase unha parada no barrio xudeo de Ribadavia e na igrexa de San Antón, e a derradeira parada será o mosterio de Santa María en Melón.

𝐅𝐢𝐥𝐦𝐞𝐬: Los girasoles ciegos, Cuñados, curtametraxe de Fillas de Ribeiro, Viñedos, A Esmorga, Cotolay, El desorden que dejas, Olvido y León, e Las brujas de E´lente.

A actividade, de balde e con prazas limitadas, conta co apoio de Turismo de Galicia. O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Verlo co patrocinio principal da Diputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.