Visita do Tren Turístico

28 de July do 2024
1

Onte, sábado 27 de xullo, recibimos a visita dun dos Trens Turísticos de Galicia, unha proposta de renfe para fomentar a oferta turística da rexión. Dentro da súa oferta, un dos itinerarios foi a "𝙍𝙪𝙩𝙖 𝙙𝙤𝙨 𝙑𝙞𝙣̃𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙍𝙞𝙗𝙚𝙞𝙧𝙤 - 𝙍𝙞́𝙖𝙨 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙖𝙨”, viaxe na que combinaron dous territorios con Denominación de Orixe, e que ten como eixo o río Miño. Durante todo o día 52, pasaxeiros puideron, ademáis de gozar dunhas vistas privilexiadas, visitar varias localizacións como o Señorío de Rubiós, Ribadavia, o castro de San Cibrao de Las e a estación-museo de Santa Cruz de Arrabaldo. Por suposto, o Museo do Viño de Galicia foi unha delas. 

 

Agradecemos a inclusión do noso Museo no itinerario e esperamos que se siga repetindo moitos anos máis.