A Asociación de Xordos de Lugo (ASORLU) visita o Museo do Viño de Galicia.

24 de March do 2024
ASORLU

Foron moitas as inquedanzas froito do grande interese e aínda máis todo coñecemento compartido nun ambiente relaxado e do máis acolledor. Onte recibimos unha visita inigualable por parte dos usuarios da Asociación de Persoas Xordas procedentes da provincia de Lugo (ASORLU) e, dende o Museo do Viño de Galicia, emitimos o noso agradecemento pola oportunidade de coñecernos.