José Elduayen Gorriti

Data de nacemento
22/07/1823
Lugar de nacemento
Madrid
Data de defunción
24/07/1898
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Licénciase en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos en 1844. Dirixe as obras do Ferrocarril de Langreo e asume o cargo de responsable de Obras Públicas en Xixón.
En 1855 trasladase a Vigo participando na creación da Compañía Medina-Zamora-Ourense-Vigo, asumindo dende 1865 o control total da empresa.
Militou no Partido Conservador, obtendo en 1857 un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ate 1879 volverá a obter o escano por este distrito, con excepción das eleccións de 1867. En 1878 pasou ó Senado coma Senador Vitalicio, chegando a presidir esta institución entre 1896 e 1898.
Ocupou os seguintes cargos pilíticos: Ministro de Facenda (1872 ) no goberno presidido por F. Serrano Domínguez; Ministro de Ultramar en dúas ocasións ( 1878-79, 1879-80 ) en gobernos de Cánovas; Ministro de Estado en tres ocasións ( 1880-81, 1884-85, 1896 ) en gobernos de Antonio Cánovas; Ministro de Gobernación ( 1891-92 ) tamén nun goberno de Cánovas; Gobernador Civil de Madrid e do Banco de España (1877-78).