Data de nacemento
1871
Lugar de nacemento
Fontao (Lobanes)
Biografía
Ramón Godás Justo. Casa en 1895 en San Cristovo de Reigodeigón con Luisa Retorta e alí nacen sete dos once fillos do matrimonio; daqueles anos hai constancia da súa actividade en Ribadavia, pero en 1909 xa aparecen traballos seus no Carballiño onde traballou como fotógrafo e abriu a imprenta «A Ibérica». De formación autodidacta foi o primeiro fotógrafo estable na vila do Arenteiro e como outros colegas seus colaborou nas publicacións «Vida Galega» e «Branco e Negro».