Niceto Alcalá-Zamora y Torres

Data de nacemento
1877
Lugar de nacemento
Córdoba
Data de defunción
1949
Lugar de defunción

Buenos Aires
Biografía

Durante a Restauración foi ministro de Fomento (1917-1918) e da Guerra (1922-1923) en senllos gobernos de García Prieto. En desacordo con Primo de Rivera, será un dos impulsores do Pacto de San Sebastián. Detido, tras a Sublevación de Jaca, en tanto que membro do comité revolucionario, sairá tras as eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que deron lugar á proclamación da II República Española o 14 de abril de 1931, pasando a presidir o Goberno Provisional; cargo no que sería confirmado tras a celebración de eleccións en xuño, para dimitir en outubro dese ano en desconformidade coa redacción dos artigos 24 e 26 da Constitución da República. Ocupou a Presidencia da II República entre o 10 de decembro de e o 7 de abril de 1936 en que fué deposto polo Congreso. O seu cadáver foi repatriado a España en 1979.