Data de nacemento
1878
Lugar de nacemento
Portugal
Data de defunción
1954
Lugar de defunción
Vigo (m)
Biografía
Jaime de Sousa Guedes Pacheco (Freixo de Espada-á-Cinta, Portugal, 1878), tras formarse co seu irmán José en Ourense, trasládase a Vigo, en 1907, asociándose con Cándida Otero, viuva de Felipe Prósperi; a sociedade «Pacheco e Vda de Prósperi» manterase ata 1915 ano no cal ten lugar o pasamento de Cándida. A partires desa data Jaime mantén en solitario a sinatura «Fotografía Pacheco», continuada despois polos seus fillos Alberto e Xaime. O estudio Pacheco na cidade de Vigo clausúrase no ano 1994. Tres anos antes, o Concello de Vigo teña adquirido o seu arquivo histórico. En 1899 formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil realizando exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa.