O Museo do Viño participa na “Tertulia Vinícola do Real Casino de Madrid".

10 de December do 2023
TERTULIA

O pasado 6 de novembro o Museo do Viño de Galicia, representado polo seu director José César Llana Rodríguez, foi convidado xunto co Museo Thyssen-Bornemisza a participar na “Tertulia Vinícola del Real Casino de Madrid” que se celebrou na sede do Real Casino de Madrid e que levaba por tema “Museos y Vino. Historia, tradición, cultura, arte y patrimonio”. 

Dende o Museo do Viño de Galicia queremos agradecerlle a invitación ao Real Casino de Madrid e tamén a Eliseo González López de Qvino por contar con nós e tamén agradecer a oportunidade de formar parte de tan enriquecedora conversa, viñémonos con moitos coñecementos novos e cun bo sabor de boca.