Os recursos enoturísticos e termais do Ribeiro revélanse nunha press-trip especializada en turismo termal.

22 de October do 2023
Press-Trip Ribeiro.

O sábado 21 de outubro tivemos o pracer de recibir no Museo do Viño de Galicia a xornalistas procedentes de distintos lugares de España, convidados a formar parte dunha completa programación de actividades organizada pola Ruta do Viño do Ribeiro encamiñada a dar a coñecer os fascinantes recursos termais e enoturísticos que esta rexión pode ofrecer.