O Museo do Viño convértese en sede das Xornadas Técnicas co lema "Museos en ámbitos rurais e vilegos" como eixe principal.

21 de October do 2023
Xornadas Técnicas de Museos

Dende o ano 2022 estanse a celebrar de xeito reiterado as Xornadas de Museos, organizadas pola Dirección Xeral de Cultura e dirixidas a profesionais, persoal técnico e bolseiro de centros de Galicia insertos no Sistema Galego de Centros Museísticos.

A cita deste presente ano, que se celebrou o venres 20 de outubro e que tivo ó Museo do Viño de Galicia como sede principal, abandeirou o lema "Museos en ámbitos rurais ou vilegos", o cal tinguiu todo un contido temático que serviu para poñer en valor a aqueles museos que se atopan emprazados fóra dos centros urbanos, en pequenos núcleos do rural, e que se enfrontan á necesidade de adecuarse ás súas propias especificidades, adaptando e programando actividades e desenvolvendo eventos tendo presentes obstáculos que xorden debidos, por exemplo, á localización. Ao mesmo tempo os participantes nestes relatorios deron a coñecer a historia e a temática dos museos que dirixen, incidindo na diversidade das formas de xestión, nos servizos que atenden ás demandas turísticas actuais e coñecendo a súa propia realidade.

Ofrecemos un especial agradecemento a todos os museos en xeral, e aos relatores que interviñeron en particular, que fixeron posible e deron voz a estas xornadas: o Museu do Douro, o Museo Massó, o Museo do Coiro de Allariz, o Museo do Castro de Viladonga xunto ao Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, o Ecomuseo Pazo de Arxeriz, o Museo Ramón María Aller Ulloa de Lalín, a Colección Museográfica Viva e Integrada del Campo y la Locomoción Agraria (MUVICLA), o Museo Etnográfico e do Viño de Cambados, o Museo Comarcal da Fonsagrada e o Museo do Viño de Galicia