
O venres 6 de outubro o Museo do Viño de Galicia será partícipe dunha nova cata de viños espumosos galegos como os grandes protagonistas. O presidente da Asociación Galega de Sumilleres, Juanjo Figueroa, será o encargado de guiar de primeira man esta degustación. A sesión será impartida en dúas quendas ao longo da xornada. A primeira de elas, pola mañá, estará impartida para o alumnado do IES O Ribeiro, mentres que pola tarde, ás 19:00h. a sesión dirixirase ao Museo do Viño, incluindo a actuación das Pandereteiras da Istoria.
A entrada será de balde e libre ata completar o aforo.