
Esta fin de semana visitaron o Museo do Viño de Galicia os membros do Consello de Comunidades Galegas organizado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Foi un auténtico pracer para nós recibir a algúns dos representantes dos centros galegos distribuídos por toda América, Europa e España e poder escoitar moitas das súas vivencias. Estamos encantadas e esperamos que nos volvan a visitar de novo!