
A edición deste ano contou nesta ocasión con máis dunha ducia de rutas que se converteron nunha gran oportunidade para descubrir diversos rincóns emblemáticos de toda Galicia, revisando a súa cultura, historia e gastronomía.
A "Ruta dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas", que se celebrou o pasado 29 de xullo, invitou a revelar ao público a contorna ao carón do río Miño, e nela púidose coñecer a adega Señorío de Rubiós, o castro de San Cibrao de Las, a estación de Santa Cruz de Arrabaldo e tamén se visitou a capital do Ribeiro, Ribadavia, xunto co Museo do Viño de Galicia.