Recomendación de documentais para os máis afeccionados ao viño.

11 de June do 2023
Documentais sobre o viño

A temática das entradas do blogue mudan o seu cariz ao achegar varias recomendacións audiovisuais que xiran ao redor do universo do viño.

As Rebeldes do Viño, dirixida por Déborah Vukusic. Trátase dun documental que supón un achegamento ás vivencias e experiencias de catro mulleres do mundo rural cunhas apaixoantes vidas asociadas ao mundo vitivinícola. Viticultoras procedentes de distintas zonas de Galicia pero todas elas adegueiras de corazón con desexos de seguir a tradición familiar. Porque o viño non só une a tradición coa máis recente modernidade, senón que é un férreo vínculo entre a terra e aquelas persoas que a traballan con tanto agarimo.

Revolución Líquida, dirixida por Clara Isamat. Un título que pon en valor a sumillería máis actual, converténdoa nunha sinerxia de moitas historias de varios profesionais catadores que comparten as súas experiencias, proxectos de vida e traxectoria dentro da rica cultura enogastronómica, acercándoa á sociedade e compartindo o seu coñecemento dunha forma acolledora e moi persoal.

La Última Cosecha, dirixido por Paul Lacoste. Este terceiro proxecto audiovisual ten como principal protagonista a un diverso grupo unido pola laboriosa tarefa daqueles adicados á recolección da uva: a labor dos vendimadores. Estas anónimas persoas compartirán as consecuencias e a experiencia deste traballo, a súa situación e vivencias persoais pero tamén unha efímera amizade que xorde entre os agromados viñedos.