Cata guiada: viños galegos e viños do mundo.

26 de April do 2023
Cata guiada

Magnífica xornada do ciclo “In Vino Veritas (Et sanitas)” no Museo do Viño a cargo de Juanjo Figueroa, presidente da Asociación Galega de Sumilleres, quen dirixiu unha cata guiada tanto de viños galegos como de viños internacionais.

Esta foi realizada en dúas quendas. Durante a primeira puideron gozar do seu saber os alumnos do IES O Ribeiro, mentres que pola tarde foi o turno para o público xeral, unha oportunidade para todos os asistentes que se achegaron ata o museo. O aforo completouse en moi pouco tempo, convertendo esta cata nun verdadeiro éxito!