
O Museo do Viño de Galicia foi testemuña dunha ruta a pé de 12km. durante a xornada matinal do sábado 22 de abril, unha actividade organizada polo propio Museo en colaboración coa asociación Viño Activo. O itinerario tiña como principal obxectivo o de dar a coñecer a cultura ao redor do mundo do viño, coa oportunidade engadida de visitar diversos viñedos e coñecer emblemáticos monumentos e lugares de interese histórico da contorna do Ribeiro, como o son o Museo do Viño de Galicia, a praza neurálxica e o tradicional lavadoiro comunal da veciñanza. Unha visita guiada foi incluida dentro da ruta proxectada, a cal rematou cunha degustación dos viños da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).