
Este xoves visitounos un grupo de estudantes da Escola de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense, concretamente do Grao de Deseño de Interiores, acompañados das súas profesoras.
Para esta visita contamos con dous dos arquitectos que fixeron a reforma do Museo do Viño de Galicia, Manuel Seoane e Sonia López, quenes foron os encargados de expoñer todos os cambios e melloras que tiveron que realizar no edificio para poder adaptalo como museo e para que fose accesible para persoas con mobilidade reducida.
Moitísimas grazas pola visita e por todas as nocións que aprendimos con vós e que sen dúbida divulgaremos. Foi un auténtico pracer recibirvos.