Visita da Unión Iberoamericana de Profesionales de Turismo (UIPT).

25 de February do 2023
UIPT.

Durante a tarde do 24 de febreiro o Museo do Viño de Galicia acolleu á Unión Iberoamericana de Profesionales de Turismo (UIPT), unha asociación conformada por membros pertencentes a catorce países iberoamericanos encadrados dentro do eido turístico. Dentro do seu itinerario de actividades incluiron un percorrido polo corazón do Ribeiro, achegándose ao casco histórico de Ribadavia e coñecendo a historia do viño en Galicia no Museo do Viño.