
Debido á boa acollida por parte dos asistentes ao ciclo de conferencias "In vino veritas (et sanitas)" que se levou a cabo o pasado mes de outubro, e na que tivemos a honra de atender e conversar con relatores da talla de Diego González, Octavio Colis, Jesús Paul e Luis Buitrón, prácenos comunicar que durante o mes de novembro terá lugar a segunda parte deste ciclo.
O programa será o seguinte:
・Mércores 16 de novembro: "Viños galegos, epicentro do consumo iniciado", por Santiago Rivas.
・ Xoves 24 de novembro: "A Prensa Mística. Unha representación sagrada do viño", por Luís Vicente Elías Pastor.
・Mércores 30 de novembro: "Por que o viño galego está de moda?: Radiografía do 2022 e tendencias para o 2023", por Luis Paadín e Alejandro Paadín.
O relatorio de Francisco Gil Fernández programado para o xoves 10 de novembro, "Os viños galegos nos grandes concursos internacionais. Unha década de éxitos crecentes" tivo que ser adiado ante circunstancias externas. Comunicarase a nova data o antes posible.
Todas as conferencias contan con entrada de balde ata completar aforo.