Concerto Bicoia Tradi Band e cata de viño

18 de December do 2021
Concerto Bicoia Tradi Band

O sábado 18 de decembro o Museo do Viño de Galicia gozou dunha nova cita cultural. A banda “Bicoia Tradi Band” ofreceu un concerto de música tradicional ao son do bombo, o tambor, a pandeireta, o acordeón e a gaita. 

Para rematar o evento, serviuse un viño branco e un tinto da edición 2020 da produción da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, viño institucional que non está á venda pública e que forma parte dos estudos que se levan a cabo na misión biolóxica de Leiro.

O evento garantiu as medidas de seguridade pertinentes, mantendo a distancia interpersoal e a obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento no interior, permitíndose non usala só durante a cata de viño, realizada na terraza exterior das instalacións do Museo. 

Dende o Museo do Viño esténdese o agradecemento a asistentes, que cubriron o aforo, a músicas e músicos e ao equipo de Arteficción por facer posible a produción do evento