Blog

Viño lora.
19 de Abril do 2024

Incluso aos viños de peor calidade debemos facerlles un oco, incluíndo a aqueles que desafortunadamente ocupaban o escalafón máis baixo da pirámide dos consumidos na Antigüidade.

A lora ou augapé, nomes polos cales tamén é coñecido este viño, elaborábase co bagazo sobrante tralo prensado da uva, ao cal se lle engadía unha porción de auga e a continuación deixábase repousar durante un día enteiro. Despois, sometíase a un segundo prensado para conseguir o resultado final que, como ben nos podemos imaxinar, sería un viño frouxo e quizais non demasiado agradable ao padal.

O viño, o cáliz e a Última Cena
7 de Abril do 2024

O pasado luns rematou Semana Santa, conmemoración da paixón de Cristo na cultura cristiá. A maior parte de nós, ao falar de paixón, aparécensenos na imaxinación certos momentos concretos: un campo de oliveiras, Xudas bicando a Xesús, a subida ao monte Gólgota…, etc. Unha destas imaxes é, sen dúbida, a derradeira cea dos apóstolos con Xesús.

1
30 de Marzo do 2024

As Denominacións de Orixe (D.O.) en Galicia son áreas xeográficas específicas que teñen condicións climáticas, xeográficas e culturais particulares que inflúen nas características únicas dos produtos agrícolas da rexión. Aínda que a temperatura non é o único factor que afecta a estas denominacións, ten unha influencia significativa no desenvolvemento das uvas e outros cultivos. Aquí hai unha breve descrición das cinco Denominacións de Orixe de Galicia e como a temperatura pode afectalas.

Miniatura
16 de Marzo do 2024

Nado probablemente na cidade de Zamora no 1240, foi un intelectual franciscano estreitamente relacionado coa Corte Real. Comezou os seus estudos en Santiago de Compostela e, aproximadamente no 1273, foi enviado a París para continuar coa sua formación. Foi tanto escritor enciclopédico, especializado en medicina, historia, música, bioloxía e gramática, como espiritual, compoñendo poesías e sermóns. Foi “scriptor” de Alfonso X, quen parece encomendarlle a educación do seu segundo fillo, Sancho IV, a quen lle adica a súa obra…

Fondillón
9 de Marzo do 2024

O Fondillón é un viño español único e especial, coñecido pola súa rica historia e proceso de elaboración. Elabórase principalmente na rexión de Alacante, na costa leste de España. Aquí tes algúns aspectos clave deste tipo de viño:

Tombo das viñas
25 de Febreiro do 2024

O Tunbo de las viñas de Rribadavuia é un pergameo en lingua vernácula que contén tres textos escritos entre os séculos XIII e XIV. Producido no Mosteiro de Melón e depositado na Catedral de Ourense. Trátase dun rolo composto por catro anacos de coiro, tres deles cosidos entre si e o cuarto engadido posteriormente.

Leonardo
18 de Febreiro do 2024

Leonardo Da Vinci foi un artista, científico e inventor do Renacemento italiano. Dise del que foi un home universal xa que foi á vez pintor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, botánico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista.

Podemos dicir que unha das súas grandes paixóns era o mundo do viño e que coñecía con detemento a viticultura, apreciaba o viño polo seu sabor e tamén polas súas propiedades artísticas e científicas.

Terroir.
10 de Febreiro do 2024

Non existen dous viños iguais no mundo nin tampouco dous viñedos semellantes. O termo francés terroir significa en galego algo parecido a “terruño”. O terroir acolle particularidades propias da zona onde se cultiva a vide, nas que se engloban determinados factores naturais e inherentes como o clima, a altitude ou o tipo e composición do solo en cuestión.

Funcións das cápsulas.
21 de Xaneiro do 2024

A decisión de optar polo emprego das cápsulas nas botellas descansa en cuestións estéticas, xa que a primeira impresión no mundo do viño garda unha especial relevancia, pero ao mesmo tempo tamén conta cunha razón funcional.

Rías Baixas
14 de Xaneiro do 2024

Existen moitas lendas de como a uva albariña chegou ó territorio galego, aínda que de ningunha temos documentación que a verifique. O que si sabemos con seguridade é que esta variedade lévase cultivando máis de mil anos nas Rías Baixas e, polas súas características, está perfectamente adaptada ás condicións climáticas e de insolación deste territorio.