Rías Baixas, unha das cinco Denominacións de Orixe existentes en Galicia.

14 de Xaneiro do 2024
Rías Baixas

Existen moitas lendas de como a uva albariña chegou ó territorio galego, aínda que de ningunha temos documentación que a verifique. O que si sabemos con seguridade é que esta variedade lévase cultivando máis de mil anos nas Rías Baixas e, polas súas características, está perfectamente adaptada ás condicións climáticas e de insolación deste territorio. 

No século XII os monxes cistercienses viñeron a Galicia, non só polo camiño de Santiago senón tamén acompañando á dinastía Borgoña para a voda de Raimundo de Borgoña coa raíña Urraca. A congregación destes monxes foi a responsable de ensinar ós galegos a coidar as variedades de uva que se atopaban neste territorio e a extraer delas o seu máximo zume.

Coa desamortización de Mendizábal os bens e terreos da Igrexa pasaron ás mans públicas mediante poxas públicas e, a partir desta data, os viñedos comezaron a cultivarse nos pazos e nas casas grandes galegas. Os nobres nesta época eran os únicos que podían producir os viños máis refinados xa que non tiñan que destinar as súas terras ao cultivo de produtos de autoconsumo.

Avanzando un pouco máis no tempo chegamos á década de 1980, coa posta en marcha da Denominación de Orixe Rías Baixas e tamén do seu Consello Regulador, quenes foron os encargados de darlle prestixio e fama a esta variedade de uva. Nun principio, no ano 1984, aprobouse o regulamento da D.O. específica Albariño, creando unha confusión entre a variedade de uva e o territorio. Máis adiante recapacitaron e no 1988 a Consellería de Agricultura recoñeceu provisionalmente a D.O. Rías Baixas, e mediante a orde do 4 de xullo do mesmo ano aprobouse o seu regulamento oficial. 

Hoxe en día a Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das máis importantes dentro e fóra de Galicia e, polo tanto, unha das que máis está a medrar. O seu  territorio abrangue parte da provincia de Pontevedra, unha pequena parte de A Coruña e divídese en cinco subzonas: Val do Salnés, O Rosal, Ribeira do Ulla, Condado do Tea e Soutomaior, abarcando na súa totalidade 4,321 hectáreas compostas por 22,832 parcelas. Ademais, nesta D.O. están rexistrados 5,011 viticultores e 179 adegas.