Blog

cesto carral
15 de Abril do 2022

Carballo, castiñeiro, salgueiro, faia, acacia… non son estes só nomes de especies presentes nas nosas paisaxes, algunhas con máis fortuna e aprecio que outras, senón que ademais constitúen -ou constituíron- un ben imprescindible para o desenvolvemento da industria madeireira do país en diferentes ámbitos. 

O auxe da cortiza.
20 de Marzo do 2022

O peche de recipientes de vidro mediante tapón de cortiza non é un feito tan recente como pensamos. A cortiza coñecíase dende a antigüidade, unha época na que chamaba a atención polo seu poder illante e como un dos materiais máis axeitados para o peche de recipientes como as ánforas (Horacio, Odas, III, 8.10), mais co discorrer do tempo caeu en desuso ante a errónea crenza de que deixaba pasar o aire, un…

Tapón de cortiza natural
25 de Febreiro do 2022

Dende hai uns anos, ao ir á tenda mercar un viño, comezamos a atoparnos con variedades de peche nas nosas botellas favoritas, entre as que máis vemos atopamos o peche tradicional de cortiza natural, o de cortiza sintética e os de rosca. Pero cales son os máis axeitados para o viño? 

O brinde.
22 de Xaneiro do 2022

Entre festexos, gargalladas e os mellores desexos xorde ese entrechoque de copas, o tradicional acto de brindar. Alzamos os nosos vasos e brindamos porque esta é unha tradición en épocas festivas, pero o certo é que moi poucas veces nos paramos a pensar en cal podería ser o verdadeiro motivo desta arraigada e primixenia costume.

espumosos
19 de Decembro do 2021

Tocando o final deste 2021 e comezando a planificar encontros con amizades e familia non pode faltar un clásico destas datas na nosa mesa: o espumoso. Sen embargo, aínda  que así o pensemos, o espumoso non é un viño exclusivo das festas, só hai que saber escoller o seu grao de azucre e aprender a maridalo correctamente para disfrutalo durante os doce meses do ano. 

Imaxe unha planta xa podada
27 de Novembro do 2021

O pasado día 21 de setembro comezamos oficialmente o outono e con el, e ata o vindeiro mes de marzo, estaremos nos meses máis fríos do ano. Durante o tempo de outono e inverno, a planta entra nun estado de repouso vexetativo, polo que é o momento idóneo para realizar a poda. Unha práctica que se realiza para que a planta manteña a súa forma, reducir o seu envellecemento e favorecer a calidade dos acios posteriormente.

Detalle de kýlix ou copa ática de figuras negras, Pintor de Chiusi, finais do s. VI a.C. Mostra a un grupo de silenos e ménades nun viñedo, recollendo os acios de uva para o seu transporte en cestos.
17 de Outubro do 2021

Durante a Antigüidade a recollida dos maduros froitos da vide, a vendima, realizábase nos meses de setembro e outubro, unha vez rematado o verán e co comezo da estación do outono, aínda que sempre dependía do grao de madurez dos bagos e das condicións climáticas de cada rexión.

Prensa de tostado
17 de Setembro do 2021

Coñecido como torrado ou tostado, esta clase de viño inclúese dentro das Denominacións de Orixe Ribeiro e Valdeorras, pero, que sabemos sobre el? 

Vista xeral do Ribeiro dende o Museo do Viño de Galicia
28 de Agosto do 2021

Moitas veces chegades ao Museo do Viño preguntándonos como elixir entre todos os viños de excelente calidade que temos en Galicia pero asegurándovos de que o produto non sexa danino para a vosa saúde e sexa respectuoso co medio. Ben, pois hoxe traémosvos algunhas respostas e deixaremos algunha pregunta en aberto para cando veñades visitarnos e podamos seguir co debate en vivo.

Cuncas e xerra de Niñodaguia
23 de Xullo do 2021

A olería é un dos oficios de tradición centenaria en Galicia vencellado dende a súa orixe coa cultura do viño. O consumo do viño ten unha dimensión social moi relevante xa que forma parte dos ritos relixiosos, das festividades e tamén do ámbito do fogar. Toca practicamente todas as facetas da vida e establece unha cultura e uns costumes comúns a cada grupo xerando unha longa tradición sobre estes saborosos caldos.