Blog

Historia sobre o encapsulado.
20 de Agosto do 2023

Son uns dos elementos más visibles das botellas de viño, localizados na parte superior e que recobren a cortiza e unha parte do colo do vidro, dende a boca ata o gollete. Falamos do encapsulado, parte importante pero non así imprescindible.

Sistemas de conducción da vide
6 de Agosto do 2023

A vide é unha planta que vai medrando e estendéndose como unha especie de enredadeira, polo que permite que o seu cultivo se realice de diferentes maneiras segundo a zona na que nos atopemos. En Galicia podemos atopar tres formas características: o emparrado, a espaldeira e o vaso grego.

a esfarna
22 de Xullo do 2023

Chegados os meses de Maio e Xuño e o momento da esfarna, que noutras palabras é a floración da vide, o nacemento das uvas. 

Tipos de solo
16 de Xullo do 2023

O cultuivo da vide producese en toda Galicia, pero no tocante aos solos, non todas as Denominación de Orixe contan coas mesmas características subterráneas. Por norma xeral, os tipos de solo predominante na nosa comunidade son os de granito, xisto, lousa, sedimentos aluviais e rochas de codia oceánica. Como resultado das particularidades de cada tipo de terreo, os viños resultantes terán unhas características concretas. 

prensa horizontal
9 de Xullo do 2023

Continúan chegando novas pezas o Museo do Viño de Galicia grazas as doazons dos veciños do entorno. Hoxe presentamosvos una prensa horizontal modelo “perfecta” que foi fabricada a mediados do século XX en Alcoi e que actualmente esta sitiada nas arcadas do museo grazas a José Estévez, colleiteiro da Arnoia. 

Se queredes que José vos conte como funciona esta prensa, pinchade no seguinte enlace para ver o video completo. 

O alambique.
2 de Xullo do 2023

Unha das últimas pezas que chegaron á sala de reservas do Museo do Viño de Galicia, e que todavía non se atopa exposta ao público, trátase dun alambique procedente do concello de Beade. Para poder descubrir un pouco máis acerca do funcionamento desta peza compartimos con vós o enlace ao vídeo completo.

 

https://www.youtube.com/watch?v=I2VMx27EYr8

Documentais sobre o viño
11 de Xuño do 2023

A temática das entradas do blogue mudan o seu cariz ao achegar varias recomendacións audiovisuais que xiran ao redor do universo do viño.

Cumbrao
27 de Maio do 2023

Coas recentes investigacións, durante este ano 2023 atopuse una cepa antigua de Cumbrao, na Ribeira Sacra, unha variedade que se pensaba extinta dende fai un século. Grazas a recuperación dos viñedos do Chancís por parte do Concello de Sober, hoxe podemos desfrutar de dous bravos do cumbrao.

Josep Roca
6 de Maio do 2023

Co motivo da 60 edición da Feira do Viño do Ribeiro e como complemento da súa masterclass sobre os viños tostados, o sumiller Josep Roca visitou o Museo do Viño de Galicia para coñecer a elaboración e historia dos nosos viños. 

Tras finalizar a entrevista realizada pola revista “La Alacena Roja”, este famoso e influente sumiller decidiu facer un percorrido polo Museo do Viño de Galicia e quedou abraiado coa prensa histórica feita para a elaboración do viño tostado e…

Temperatura viño
15 de Abril do 2023

A temperatura é moi importante para aproveitar ao máximo as propiedades e características de cada viño e así poder sacarlle un maior partido. Cada viño ten unha temperatura, sendo moi diferentes entre elas.

A continuación relatamos a temperatura óptima para cada tipo de viño: