Blog

Xofre e cobre
9 de Abril do 2023

Tan coñecidas as pragas hoxe en día, pero tan descoñecidas no século XIX cando chegan a Europa.

Flavescencia dourada.
2 de Abril do 2023

Coñecida dende os anos cincuenta do pasado século e orixinaria de América do Norte, a denominada como flavescencia dourada trátase dunha enfermidade que se identificou por vez primeira en territorio europeo na rexión francesa de Armagnac. Habería que esperar ata 1996 para descobrir os primeiros focos en España na rexión catalá de Alt Empordà (Xirona). A súa expansión na actualidade é cada vez máis notoria, facendo perigar os viñedos de certas rexións vitivinícolas do norte de Italia, do sur de Francia, Portugal, Alemaña, Israel ou Rumanía.

Tamaño das botellas
25 de Marzo do 2023

A botella de vidro é o envase ideal para o viño, debido a que non da lugar a contaminación do sabor xa que, impide que o oxíxeno penetre no seu interior e se oxide.

Estruxadora
19 de Marzo do 2023

Hoxe en día é común ver estruxadoras mecánicas ou prensas  para a extracción do mosto das uvas, pero durante a antiguedade o método máis extendido para acadar este preciado líquido era o pisado. 

Este método, estendeuse sobre todo en adegas caseiras ou en aquelas que carecían de lagares, e aínda que nos últimos anos do século pasado, era habitual atopar a xente pisando en tinallas de plástico, este método evoluciona desde as moxegas. 

Emilia Díaz Losada
11 de Marzo do 2023

As conversas do Museo do Viño de Galicia continúan a dar un espazo a aquelas interesantes persoas relacionados co ámbito da vitivinicultura e, co gallo do 8M, foi un pracer poder escoitar unha vez máis as voces das mulleres. Nesta ocasión Emilia Díaz Losada, investigadora do departamento de Viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro), compartiu con nós a súa actual labor, ampla experiencia e o camiño que a levou a converterse nunha das investigadoras do equipo da EVEGA.

As partes da botella
4 de Marzo do 2023

A botella de vidro divídese en varias partes, cunhas características concretas que as fan especiais. 

Contraetiquetas
19 de Febreiro do 2023

As contraetiquetas son un distintivo de calidade, un selo que aporta unha variada información que complementa á suxerida na etiqueta, imprescindibles e moi útiles para coñecer o viño ante o cal nos atopamos. Se as etiquetas dunha botella de viño, visibles nun primeiro plano na parte dianteira dunha botella, son a primeira impresión acerca do viño que vai ser consumido ou comprado, igualmente relevantes o son as contraetiquetas que se atopan na súa zona traseira.

Moios
12 de Febreiro do 2023

Durante os meses de novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo os viticultores realizan no viñedo os traballos de coidado e saneamento da vide coa poda que permite o posterior correcto desenvolvemento da vide. Esta, como vos falamos neste artigo pode realizarse en distintos momentos en función das variables do viñedo…

O viño en Oriente Medio
29 de Xaneiro do 2023

No Próximo Oriente o viño era considerado un produto exótico, sagrado, de prestixio destinado ás elites, que o utilizaban en cerimonias relixiosas e rituais como as liberacións e en banquetes tanto sociais como funerarios para facilitar o contacto co máis alá e cos Deuses.

O uso ritual do viño está confirmado dende a prehistoria, como ben o documentan os numerosos xacementos como Armení-1, o que confirma a práctica de rituais funerarios nos que o viño tiña un papel…

Black rot.
22 de Xaneiro do 2023

Unha enfermidade virulenta e perigosa que ameaza aos viñedos correspóndese coa chamada podremia negra ou black rot, un termo inglés polo que en moitas ocasións tamén é coñecida.