Blog

viño quente
17 de Decembro do 2022

O viño quente ou especiado é unha preparación alcólica que se compón principalmente de viño, azucre, froita e especias. Ten a súa orixe en Europa e consómese nos meses de advento, é dicir, en novembro e decembro.

Javier González, Ramón do Casar
3 de Decembro do 2022

Ramón do Casar nace como unha adega na que se mesturan elementos como o son a tradición e os soños familiares con ese apego pola terra e polo viño galego. Tivemos o privilexio de conversar con Javier González, quen comparte as súas impresións co Museo do Viño de Galicia contando o que supuxo a elaboración do mellor viño de España, galardoado na cerimonia Premios Alimentos de España neste 2022, ademais de incidir na entregada aposta pola variedade Treixadura para a elaboración dos seus caldos.

Non cabe ningunha dúbida da fama e do prestixio nacionais e tamén…

Outra das plagas a destacar no viñedo é o mildio, o cal é unha enfermidade criptogámica das plantas, que pode manifestarse en 8-20 días segundo as temperaturas rexistradas. Ataca especialmente a vide e maniféstase pola aparición de manchas de aceite que poden producir danos en todos os órganos verdes da cepa: folla, gromos, inflorescencias, bagos e tamén nos gabiáns. 
27 de Novembro do 2022

Outra das plagas a destacar no viñedo é o mildio, o cal é unha enfermidade criptogámica das plantas, que pode manifestarse en 8-20 días segundo as temperaturas rexistradas. Ataca especialmente a vide e maniféstase pola aparición de manchas de aceite que poden producir danos en todos os órganos verdes da cepa: folla, gromos, inflorescencias, bagos e tamén nos gabiáns. 

Oídio
29 de Outubro do 2022

O século XIX estivo plagado de enfermidades para o viñedo, pois apareceron outras dúas pragas (ademais da filoxera) procedentes de América: o oídio e o mildeo.  Na entrada de hoxe centrarémonos na primeira delas. 

O oídio trátase dunha enfermidade fúnxica que ataca á folla, os gromos, á inflorescencia e aos acios. 

Mosaico romano.
25 de Setembro do 2022

Algunhas das grandes festas vinícolas do mundo romano foron as denominadas Vinalias.

Cooperativa de Leiro
26 de Agosto do 2022

Nun momento de precariedade como foi a posguerra española, na que as circunstancias  económicas da época fixeron que a figura individualista do adegueiro e campesiño se volvese insostible, nacen as cooperativas nun intento de solventar a situación. 

A falta de medios tanto económicos como físicos fixo que a produción de viño e o cultivo dos viñedos excedesen os custos estipulados chegando mesmo a dar perdas no canto de ganancias, polo que se optou por un novo modelo de…

filoxera nas súas fases.
14 de Xullo do 2022

Actualmente se escoitamos o nome de filoxera sabemos que se trata dun mal que afecta aos viñedos, pero esta enfermidade foi descoñecida durante moitos séculos, ata que en 1854 dáselle nome en Estados Unidos. 

Sería a partir de 1863 cando comeza a aparecer nos cultivos europeos de Alemaña, Francia e Austria, seguramente a causa do comercio de vides que existía entre Europa e América para paliar os estragos dunha praga de oídio chegada a estas rexións unhas décadas antes…

Conversas do Museo, con Dominique Roujou.
2 de Xuño do 2022

Dende a tradición e o coñecemento da enoloxía francesa atopámonos con Dominique Roujou, quen compartiu formación con Jean Claude Berrouet, afamado discípulo do enólogo Emile Peynaud. Dominique Roujou reflicte a conexión entre o viticultor e a paisaxe que o rodea, buscando a forma de adaptarse continuamente ás condicións climatolóxicas tan características que temos en Galicia e que supoñen un desafío maior para os nosos viticultores, sempre dende o respecto ao entorno. Á súa vez incide particularmente na importancia das IXP galegas, en concreto dos…

Entrevista a Alejandro Paadín.
26 de Maio do 2022

O importante recoñecemento e consideración que, durante os últimos anos, continúan a acadar os viños galegos a nivel internacional segue a ser un aspecto a ter en conta e do que falar con orgullo. Así nolo demostra Alejandro Paadín, destacado sumiller e vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”, e un dos autores da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2022”, en colaboración con seu pai, Luís Paadín.

Entrevista a Rafael Palacios.
18 de Maio do 2022

Conversamos con Rafael Palacios, vitivinicultor da Denominación de Orixe de Valdeorras e responsable da elaboración do recentemente galardoado “Sorte o Soro 2020”, un viño excepcional e o primeiro caldo galego en conseguir os 100 puntos Parker, outorgados pola revista The Wine Advocate. O seu é un traballo centrado na tradición, no que aboga principalmente polas labores e os cultivos manuais, pero sempre dende o respecto co que abraza as pequenas parcelas ou “sortes” do Val de Bibei.